Última posición GPS do reto

Última posición estimada

Posición GPS

Posición estimada

Inicio do Reto

Punto de destino

A RUTA

A Peregrina partirá da illa de Arousa en torno o 21 de febreiro do 2024, con destino a Tenerife, a onde se espera arribar a final de mes. Alí realizarase o avituallamento, e disporase todo para partires dende a veciña illa da Gomera, en torno o 7 de marzo do 2024.

Unha vez se parta da Gomera comezará o Reto Astrolabio, que non é outro que chegar a Deseada, unha pequena illa do sueste do Caribe o outro lado do Atlántico, para o que se estiman tres semanas de intensa aventura.

Ademais dos riscos da propia viaxe, se consideramos ca navegación faise con tan so instrumentos do século XVII, a chegada ao destino será tamén un verdadeiro reto, xa que o perfil da illa da Deseada ten tan so pouco máis dun kilómetro… unha diana moi pequena que acadar despois de 3.000 millas de navegación (uns 5.000 Km) a estima do olfacto mariñeiro do Capitán e a súa tripulación.