«RETO ASTROLABIO», CHEGADA DA PEREGRINGA Á ILLA «LA DESEADA»
Á saída do sol, na illa La Deseada, 12:00 hora española, o veleiro «La Peregrina» fixo a súa entrada no que era o obxectivo do Reto Astrolabio.
O veleiro diríxese agora cara a mariña de Ponte Pitre, o mais grande núcleo urbano de La Deseada, lugar no que permanecerán ata finalizar os trámites habituais de fondeo, así como os de Salvamento Marítimo e Consulado.
- La Peregrina dirixirase cara a Illa Culebra, lugar de fondeo temporal da nave.
- O veleiro e a súa tripulación partían o pasado 12 de marzo de La Gomera, rumbo a unha pequena illa do sur do Caribe, co fin de atravesar 3.000 millas de océano e recalar nun punto previamente fixado, empregando só os medios e instrumentos do século XVII.
O veleiro e a súa tripulación partían o pasado 12 de marzo da Gomera, rumbo a unha pequena illa do sur do Caribe, co fin de atravesar 3.000 millas de océano e recalar nun punto previamente fixado, utilizando unicamente medios e instrumentos do século XVII.
A pouco máis de 400 millas de alcanzar o obxectivo, o capitán, Javier Babé faleceu por mor dun infarto, do que a pesar de que o tripulante e médico de abordo, Antonio Grandío, logrou remontalo dun primeiro infarto e despois de que Salvamento Marítimo desprazase un cruceiro para levar ao capitán a terra, o capitán sofre un segundo infarto que non logra superar.
Cumprindo os seus desexos, o corpo do capitán de ‘A Peregrina’, Javier Babé, foi lanzado ao mar na tarde do sábado 30, a unhas 260 millas ao leste da illa francesa de Guadalupe. Unha vez finalizados os trámites de fondeo, xunto cos do consulado e Salvamento Marítimo, aproximadamente dous días, a nave dirixirase cara á súa fondeo temporal en Culebra, pequena illa portorriqueña.
Deja tu comentario