25 de marzo
Posición por estima:
Latitude 16º 30’ N
Lonxitude 43º 30’ W
Posición por GPS:
Latitude 16º 54’ 20’ N
Lonxitude 44º 26’ 47’’ W
Pensaba Oscar Wilde, e así o deixou escrito, que o propósito do arte é tan só o de crear un estado de ánimo. É de supoñer que o arte de marear contribúa non pouco a moldear o ánimo daqueles que o practican, quen han ser estes?
Coido que todos aqueles que pasen a súa vida navegando.
Dígoo mentres estou convencido de que ese ánimo non debe ser o mesmo en todo ser que practique ese arte de marear.
Non é o mesmo ir a bordo dun buque de douscentos metros de eslora, gobernándoo dende un ponte que está a corenta ou sesenta metros de altura sobre o nivel do mar, no que o aire acondicionado e a boa temperatura ambiente que proporciona, ó abeiro das lufadas de vento dunha boa borrasca atlántica, xunto con tódolos adiantos que a tecnoloxía pon ó achado de quen o pilote e impidan o contacto e a cercanía que ineludiblemente distingue a quen, como os tripulantes de La Peregrina, navegan a ras de auga, padecendo o vento ou a chuvia e pendentes de xeito inevitable de todo o que tal realidade conleva e, por suposto, xenera un estado de ánimo que se diría polar, co do piloto que vai nun cruceiro deses que levan miles de pasaxeiros de paseo polo mar mediterráneo, malia que nel poidan correr temporais e mesmo acabar en naufraxios como algunhas veces sucede.
O arte de marear é tan variable como artistas sexan os que cruzan os mares a bordo dun barco, pero o estado de ánimo e por elo a condición de quen o practiquen, necesariamente ten que ser distinta.
Cal ha ser o estado de ánimo dos navegantes de La Peregrina é algo que nos debe inducir á reflexión a pouca curiosidade que sintamos, pero sospeito que a súa condición humana non ha ser a mesma coa que partiron do varadoiro do Xufre no seu momento e logo de ter arribada á illa de La Gomera. Por iso eu non me atrevo máis que a suxerir indagacións e preguntas ós que están a seguir a peripecia seguida por estes amigos nosos cuxa condición humana ha ser outra logo de ter recalado na illa La Deseada.
Hola queridos, hoy que hay menos visitas me animo a mandaros mis más efusivos ánimos, os sigo a diario y me tiene impresionada la pericia del capitán en ese cálculo de la ruta con los instrumentos rudimentarios del siglo XVII, eres muy grande Javier! Un fuerte abrazo desde Cartagena a los tripulantes y, por supuesto al capitán