23 de marzo
Posición por estima:
Latitude 15º 06’ N
Lonxitude 38º 18’ W
Posición por GPS:
Latitude 15º 58’ 59’’ N
Lonxitude 38º 23’ 50’’ W
Haberá que darlle un doutorado en uso e manexo do astrolabio ó noso capitán Babé quen, a maiores de levar unha derrota estimada (ó meu entender) tan ben determinada, de seguir así, vai chegar no prazo que estimou probable. En castelán diríase miel con hojuelas e, en galego, filloas con mel, que non sei se mesmo saberán distinto.
Só lle falta que Thomas Dylan filmara unha posta de sol na que se producise o raio verde e xa me dirán con que festa deberiamos celebralo. Hai mariños que non o ven na súa vida e tamén os hai que negan a súa existencia. Tal negación é como a de negar a existencia das auroras boreais. Eu vin estas, unha vez desde un avión, e vin o raio verde en dous momentos. Tamén se pode ver dende terra.
Todo consiste en ter paciencia e observar o solpor . Hai que facelo cando un se decata de que, por onde o sol se vai poñer, hai unha acumulación de cirros filamentosos. É cousa de paciencia e perseverancia, tamén de resignación; dígoo, porque pasei moitas horas observando e só en dúas ocasións produciuse tal fenómeno. Sucede cando o limbo inferior do sol “contacta” con esas nubes alargadas e ás veces tan tenues coma un pano dos que pintaba Boticelli (disimúlenme a pedantería) nese momento o sol empeza a “tremelar” coma se fose de xelatina, case que como se bailase. Esperas a que o limbo superior do sol desapareza baixo a raia do horizonte e, xusto nese momento, fai coma un fogonazo que dura non máis duns poucos segundos; pero que segundos! É tan impactante, que intentei velo incluso desde terra. Non coincidiu nunca. Pero por probar que non quede.
En resume, que mañá é outro día e, como dicía Pemán na TVG ate mañá. Pois iso.
Ánimo, marinos …!!!, que lo están consiguiendo… !!! Ya queda menos. Les sigo todos los días. Buena jornada desde Tenerife.
Abrazos para todos.
Cpt. Morgan