Qué ledicia recibir novas coma esta! Os nenos e nenas do CEIP Sárdoma-Moledo de Vigo seguen o noso «Reto Astrolabio», e con este vídeo tan divertido e agarimoso nolo fan saber!
Todos os que formamos parte desta aventura incríble dámosvos as grazas, e queremos agradecerlles as vosas mestras, Sandra e Rocío, que vos estean axudando a descubrir cousas tan fascinantes sobre o mundo da navegación da nosa embarcación «La Peregrina».
Pero quen sen dúbida algunha está encantado e ten traballo dabondo, é o noso narrador en terra, Alfredo Conde. As vosas preguntas terán resposta axiña, perdede coidado…! E ben seguro que todo o que vos conte, terá a musicalidade e a intensidade do que el é: un mariño que escribe historias, grandes historias que permanecerán xa para sempre nese mar que é o tempo…
Deja tu comentario