19 e 20 de marzo
Escribo o 20 de marzo, logo de que onte, os nenos do colexio de Sárdoma, nos enviaran unhas cantas preguntas ás que non poderei contestar, cando menos de momento.
Onte día 19, non recibín a posición do veleiro. Nin a real ni tampouco a estimada. Agora, xa dia 20 e de mañá non moi cedo chégame a estimada, é dicir, as coordenadas nas que eles creron estar. Iso quere dicir que se cren estar nalgún punto é porque non lles pasou nada novo que nos deba preocupar… que algo sí que o estivemos. Como non?
Peor sería ter recibido unha posición exacta que fose moi próxima á anteriormente coñecida e non recibir a estimada, Pois ben a estimada que acabamos de coñecer é a seguinte:
latitude 17º 30’ N e
Lonxitude 27º54’ W
Non é que estean aí, que non podemos comprobalo, é que cren estar. Niso consiste o reto e cruzar o océano sen ter a certeza de saber con exactitude onde se encontrar para poder seguir decidindo a derrota a seguir, o rumbo a marcar. Non quero pensar que só soubésemos a situación real e que esta non fose a coñecida xusto no momento de que o sol estivese enriba deles, xusto pasando polo seu meridiano superior de lugar.
De facer caso á ubicación estimada, terían navegado ó SW e se aproximar, un pouco máis, ó seu porto de arribada, ó seu punto de destino.
Esperemos que, hoxe día 20 de marzo, nos chegue a súa posición exacta e, de paso tamén a estimada. Entón si poderemos responderlles a todas as preguntas ós rapaces curiosos de Sárdoma. E se non é hoxe será mañá pola maña.
Acaban de chegar as coordenadas de hoxe, tanto a real como as estimadas. A estimada é:
16º 54’ N
30º 54’ W
16º 08’ 46’’ N
31º 08’16’’ W que ven sendo a real e mañá falamos.
Me gustaría que me aclararas, si la posición estimada es la linea negra y la real es la blanca,
Por favor, aclaramelo.
Gracias Alfredo!!!
Boas tardes!
O mapa de inicio móstranos dúas traxectorias en cores: branco, para estimada; negro, para ruta GPS. Se vostede pincha en calquera dos puntos que hai sinalados ao longo da traxectoria percorrida, sairalle un cadriño informativo, coa data de actualización, hora e natureza do dato (estimada ou GPS).
Agardamos terlle sido de axuda.
Grazas por seguir o noso «Reto Astrolabio»!