Xustamente, hoxe danse sete días desde que ‘La Peregrina’ saeu de porto San Sebastián, La Gomera, con rumbo ao Caribe, cara á illa La Deseada.

Sen axuda de aparellos modernos nin orientación GPS, o noso capitán, Javier Babé, valeuse da súa pericia, o seu olfato de mariño e o seu incansable astrolabio para levar a cabo esta fazaña, sen dúbida, única e complicada de seu. Pasiño a pasiño, o noso capitán e a súa tripulación foron quen de guiar a ‘La Peregrina’, buscando correntes e ventos a favor, que a impulsen cara ao seu obxectivo.

Reflexiona o noso narrador en terra, Alfredo Conde, que él non pode vaticinar que é o que será a partir de aquí, porque ‘o mar, ai, o mar…’, pero o que sí está seguro e de que Javier Babé ten un plan de navegación elaborado de antemán, un caderno de ‘deberes ben feitos’, que está poñendo en práctica.

Astucia, profesión, pericia e intuición, moita, pero que moita intuición. Navegar non é una ciencia exacta, porque un sempre está a merced do que decida a propia natureza. Mais alá de plans, como di o noso narrador, ‘non é o que o mar che da, senón tamén o que che nega’. Con todas e con esas, ‘La Peregrina’ avanza imparable cara ao seu obxectivo, e o seu reto, xa é o noso reto: a por todas, tripulación!

 

Xa comezou «Reto Astrolabio»! Acompáñasnos?