Comezamos o noso ‘Reto Astrolabio’ o pasado martes, día 12. Hoxe, domingo 17, seguimos con moi bo ritmo e tino cara ao noso destino no Caribe: a illa de La Deseada.

Acabamos de recibir os datos de coordenadas GPS e de navegación a estima! Aí volas poñemos, para que as teñades á man, ademais de velas reflectidas no noso mapa.

GPS

Latitud:18.59683

Longitud:-23.12180

***

NAVEGACIÓN ‘A ESTIMA’

Latitude: 19.7 N

Lonxitude: 22.2 W

Recordade que, se pinchades en calquera dos puntos das dúas liñas de ruta, GPS ou navegación ‘a estima’, teredes información sobre o día de lectura, a hora, e as coordenadas exactas nese intre. Agora mesmo, ambas liñas están moi próximas, moito mais do que a nosa tripulación pensa, porque os cálculos do noso experimentado capitán Javier Babé, están sendo moi certeiros. Aínda el non sabe canto! O astrolabio e a súa destreza están facendo deste noso reto toda unha aventura chamada ao éxito! Seguimos.

 

Xa comezou o noso ‘Reto Astrolabio’! Acompáñasnos?