O programa de Televisión de Galicia ‘Atmosféricos’ recolle nunha peza de información a saída da nosa embarcación «La Peregrina» cara ao caribe, á illa de La Deseada.

Neste contido audiviosual, a Televisión de Galicia achega aos seus espectadores como deixamos atrás porto San Sebastián, para iniciar o noso «Reto Astrolabio».

Non podía fallar unha despedida co tradicional ‘silbo gomeiro’, única linguaxe silbada do mundo, que é empregada aínda hoxe por preto de 22.000 persoas. Unha tradición singular de moito arraigo cultural, que foi recoñecida como Patrimonio Inmaterial da Humanidade pola Unesco, no ano 2009.

 

Xa comezou «Reto Astrolabio»! Acompáñasnos?