Non podemos estar mais exultantes nin emocionados!
A nosa embarcación «La Peregrina» acaba de mandarnos os datos de navegación ‘a estima’. Canto agardabamos este intre para compartir con todos vós!
O noso capitán, Javier Babé e a súa pericia co astrolabio, fixo un cálculo de onde cre estar aproximadamente o día de hoxe. O seu cálculo ‘a bo ollo’ de mariño experimentado, leva ao noso «Reto Astrolabio» con paso firme e decidido cara ao caribe, cara á illa ‘La Deseada’.
Trazamos, pois, a noso primeiro punto de navegación, calculado de maneira artesanal, coma no século XVII! Visita o noso mapa na páxina principal da web e verás onde nos atopamos no día de hoxe. E mañá, que…!? Mañá habémolo saber: que nervos!
Xa comezou o noso «Reto Astrolabio»! Acompáñasnos?
Boa tarde, no mapa non nos figura a posición estimada , tan so podemos ver a do GPS.
Bos días, Héctor!
Diariamente actualizamos os datos de seguimento de navegación ‘a estima’ e datos reais de GPS no noso mapa principal. Nel, poderá atopar dúas liñas, cun último marcador pivotante, que indica onde é que estamos no día de hoxe (e así, sucesivamente hasta destiño). As liñas van moi parelas, ao menos de momento, así que, para percibir a variación, debe ampliar o mapa todo o que poida, empregando CTRL.
Estimada 26,2 N -17,5 W
Real 25,98 N -17,55 W
Moitas grazas polos seu interese no noso «Reto Astrolabio», e agardamoso seguimento da nosa embarcación «La Peregrina» sexa do seu agrado.
Un saúdo!