Cheos de ganas e ilusión, a nosa tripulación xa está camiño da illa La Deseada!

Días de arduo traballo en terra, ultimando os quefaceres propios da posta a punto da nosa embarcación «La Peregrina» para una travesía tan colosal e única.

Por fin, hoxe deu comezo o noso «Reto Astrolabio»! Saímos de porto San Sebastián, en La Gomera, con rumbo ao Caribe. Navegación artesanal, propia de seculo XVII, sen mais axuda que a pericia e a intuición do noso capitán, sempre firme co que lle indica o astrolabio.

Diariamente, nesta páxina web ofreceremos a localización ‘a estima’ e a ruta que a nosa embarcación debería ter seguido. Dúas liñas que irán en paralelo, quen sabe se solapadas, dependendo dos cálculos do noso capitán Javier Babé.

Toda una aventura ábrese hoxe ao mar Atlántico! Agora sí, o noso Reto Astrolabio está en marcha! Acompáñasnos?