A nosa embarcación «La Peregrina» comeza a súa aventura atlántica, partindo do porto de San Sebastián desde La Gomera cara á illa de La Deseada, unha pequena illa do Caribe, navegando con medios do século XVII.

O noso capitán, Javier Babé, está acompañado por un grupo de mariñeiros galegos e un equipo técnico encargado da grabación dun documental. Navegarán unhas 3.000 millas náuticas, mais de 5.000 kilómetros, contando unicamente co astrolabio e a pericia do noso capitán para manter o rumbo.

A alcaldesa de San Sebastián de La Gomera e a secretaria da institución municipal foron as encargadas de supervisar o precinto dos modernos equipos de navegación. Estes instrumentos, xunto cos teléfonos móbiles, foron custodiados nun cofre, que unicamente poderá ser aberto en caso de emerxencia.

 

Xa comezou «Reto Astrolabio»! Acompáñasnos?