Esta mañá os nenos e nenas do IES San Sebastián de La Gomera acolleron ao noso capitán Javier Babé e a membros da tripulación da nosa embarcación «La Peregrina».
Foi unha xornada única, moi enriquecedora para nós e agardamos para eles, na que falamos da nosa paixón: o mar e a navegación!
Grazas á dirección do centro, aos mestres e aos alumnos,por un recibimento tan incríble e agarimoso! Ter pasado esta mañá convosco, sentirnos parte da vosa formación, foi un pracer.
Xa comezou o «Reto Astrolabio»! Acompáñasnos?
Deja tu comentario