2 de marzo
Debe ser que hoxe é sábado porque ás 14’20 non recibín noticia da posición de La Peregrina, así que o que vai ter que navegar mentalmente por estima atrevereime a supor que, nesta hora, andarán a altura de Casablanca, manterán un rumbo de 195 se non colleron máis vento que o que lles encheu onte as velas e andar a non máis dunhas cinco millas/hora.
Non saben os lectores a estoupido de ledicia co que celebraría que, logo de máis de medio século de non navegar, acertara a facelo por estima no comedor da miña casa reconvertido en sala de derrota a base de ocupar a mesa coas cartas de navegación sobre as que non traballaba dende entón. Por iso acabo de lles dicir ós lectores, neste meu insólito caderno de bitácora, que o meu era, é, un atrevemento ó que non me nego baixo ningún concepto. O que non se arrisca non cruza o mar ou, dito prá xente de terra, non se lles pescan troitas a bragas enxoitas.
Por iso voume a cometer a insensatez de deixar constancia da posición que deben desfrutar os meus compañeiros, non exactamente de aventura, a non ser que non se lles de por pensar, que sí se lles dará en que non son aventurado por supoñer que andará próximos ó 36º11’N e ós 14º 20’ W.
E paro eiquí mesmo de elaborar conxecturas para deixar espazos ás máis que posibles rectificacións.
Ben certo é que nunca é tarde cando a dita é boa. Agora mesmo, ás 16’45 chégame a situación exacta de La Peregrina e queda ben evidenciado que a navegación por estima ten certos inconvenientes que hai que ter moi en conta antes de se decidir a tomar decisión nisto que xa estaremos todos de acordo en admitir que a definición que millor lle cadra é a de “arte de marea”.
Navegar a cegas, que foi o que eu fixen, conleva moitos riscos e todos de escasa precisión,. Hoxe a mediodía La Peregrina estaba a 32º25’59’’ N e 14º35’02” W. Navegaba a sete nudos por hora e, de seguir así, estaría na Gomera o luns pola mañá. En resume, os posibles lectores han estimar que non se deben facer precisións a cegas. Non hai coma unha clase práctica para poñelo en evidencia… que é o que acabo de facer eu hoxe
Deja tu comentario